O Concello de Monterroso fai públicos os premiados no IV Concurso de Decoración de Nadal. Os negocios participantes foron os que fixeron de xurado.

Categoría comercial:
1º Premio para Eva Ríos.
2º Premio para Floristería Divina.

Categoría asociativa:
ANPA CEIP Monterroso e Taller da Ulloa.

Os premios están distribuídos do seguinte xeito:

Tarxetas moedeiro para consumir en empresas locais polos seguintes valores:
Categoría Comercial:
1º Premio.- 250 €
2º Premio.- 200 €

Categoría Asociativa:
1º Premio.- 150 €
2º Premio.- 150 €

O Concello de Monterroso agradece a participación no certame, así como o alto nivel das decoracións, o que animou ao consumo na vila durante o Nadal.