Eloy Pérez e Balbino Martínez supervisaron os traballos na vía que conecta dende a Airexe á estrada LU-P-3301.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o concelleiro Balbino Martínez, acompañados do xefe de obras da empresa Taboada e Ramos supervisaron esta mañá os traballos que están levando a cabo para a mellora do camiño municipal que vai desde a Airexe á estrada LU-P-3301.

Tras a limpeza da vía nas semanas pasadas, estase acometendo o seu asfaltado.

A actuación forma parte do mantemento e mellora de camiños no Concello de Monterrtoso que financia o Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 da Xunta de Galicia por importe de 79.298 euros.

Ademais desta obra, tamén se vai actuar no camiño municipal de Lodoso, ao longo de Penela, Lodoso e A Lucencia, pertencentes á parroquia de San Xoán de Lodoso, ata a intersección coa estrada LU-P3301 pertencente á Deputación de Lugo.

O rexedor, Eloy Pérez, destaca a importancia duns traballos que van permitir "mellorar de xeito significativo" estes camiños municipais redundando nunha mellora da seguridade para vehículos e transeúntes.